Tratamientos y análisis de agua en Galicia

Servizos

En Tecnatur, empresa ubicada en Pontevedra e con servizos en toda Galicia, somos expertos en tratamentos de auga, potabilizacións, venta e aluguer de dispensadores e análises de auga. Coñécenos mellor. A continuación explicámosche todo o que podemos facer pola túa auga.

Tratamentos de augas

En Tecnatur levamos moitos anos adicándonos a esta actividade. Traballamos en función das necesidades que presenten os nosos clientes. Para elo dispomos de tódolos medios técnicos necesarios, así como dunha plantilla de persoal especializado. As nosas solucións para a auga son aptas tanto para as empresas como para os particulares.

O noso procedemento consiste, primeiro en analizar a auga ou recibir a análise dos nosos clientes. A continuación estudamos os parámetros físico-químicos e microbiolóxicos para establecer a potabilidade e calidade da auga. Deste xeito podemos determinar a presenza de residuos fecais, focos infecciosos, metais pesados, produtos químicos perigosos (insecticidas, herbicidas, etc.).
Garantimos, en todo momento, resultados seguros, fiables e nos prazos acordados co cliente.

Augas tratadas

As augas subministradas polos concellos chegan xa tratadas ás vivendas e aptas para o seu consumo. Non obstante, soen arrastrar moitos residuos acumulados ao longo de kilómetros de tuberías e ademais, o cloro fai que sexan augas pouco agradables para beber. Pódese mellorar moitísimo a súa calidade eliminando todos estes problemas sen necesidade de levar a cabo grandes instalacións nin elevadas inversións económicas e obter unha auga de consumo saudable, de agradable sabor sen necesidade de comprar e acumular botellas de plástico que son caras, antiecolóxicas e que nos enchen de microplásticos.

O cloro, os sedimentos arrastrados ao longo de kilómetros de tuberías, a dureza, etc. son factores que inflúen negativamente na calidade das nosas augas. Utilizamos as técnicas e os procedementos máis eficaces, que veñen avalados polos máis de 20 anos de experiencia que levamos no sector.

O noso equipo está formado por químicos e farmacéuticos que efectuarán un estudo minucioso e eficaz para ofrecerche a auga que necesitas, personalizada para ti.

Tanto se es un particular como unha empresa, en Tecnatur podemos axudarte. Os nosos tratamentos permitiranche conseguir augas potables de altísima calidade con moi baixos custos.

Augas non tratadas

En Tecnatur estamos preparados para levar a cabo todo tipo de tratamentos e análises en augas que aínda no foron sometidas a procesos de depuración e que atopamos en mares, ríos, fontes, pozos, mananciais, etc.
Nunha sociedade tan rural e dispersa como a galega é moi habitual que as vivendas unifamiliares se abastezan de pozos ou de traídas xestionas por varios veciños.

Ao longo dos últimos anos temos resolto, con éxito, problemas nas augas debidos a filtracións de residuos fecais, dureza, metais pesados, turbidez, etc.

Na nosa empresa contamos coas ferramentas e coñecemos as técnicas máis precisas para efectuar todo tipo de tratamentos neste tipo de augas.
A auga é fonte de vida e, por elo, en Tecnatur, velaremos pola súa máxima calidade.

Auga para empresas

¿Queres aforrar na auga da túa empresa e desfrutar dunha auga de maior calidade e máis económica?

Somos expertos na instalación de sistemas de dispensación de auga modernos, sen o uso de pesados botellóns. Desta xeito poderás contar na túa empresa cunha auga fresca e de calidade a uns prezos moito máis ventaxosos.


A dispensación de auga depurada é o dominante en Europa especialmente por motivos ecolóxicos, xa que nos evitamos cargar con pesados botellóns, reducir o uso de plásticos, eliminar as emisións de camións de reparto cun aporte ilimitado de auga sempre fresca, non estancada.
Ademais, os nosos dispensadores de auga son de modernos e innovadores deseños que chamarán a atención na súa empresa.

Ofrecémoslle a posibilidade de adquirir en propiedade ou alugar os nosos dispensadores, cun período de proba de balde para que valore as súas fantásticas cualidades.

Ozono

En Tecnatur fumos pioneiros no uso do ozono como desinfectante hai xa moitos anos e dominamos perfectamente esta tecnoloxía que é moi eficaz, pero debe ser utilizada por expertos para evitar problemas.

Ofrecemos equipos de ozono para as seguintes aplicacións:

  • Desinfección do aire: grazas ao ozono podemos purificar o aire e desinfectar estancias de calquera superficie. Deste xeito, elimínanse bacterias, virus, ácaros, fume de tabaco, malos olores, produtos químicos, etc.
  • Desinfección con auga: A limpeza con auga ozonizada permite lavar e desinfectar ao mesmo tempo. Ofrecemos equipos para xerar auga ozonizada tanto para usos domésticos como industriais.
  • Desinfección de superficies: Dispomos de aparatos ideais para desinfectar vivendas, oficinas ou locais comerciais. Conseguimos limpezas profundas e garantidas con ozono, eliminando todo tipo de bacterias, virus, ácaros e malos olores, deixando cada estancia impecable e purificada.

Tecnatur, a empresa tratamento de auga en Galicia que precisa

© 2021 TECNATUR Todos os dereitos reservados
Producido por BeeDigital