Tratamentos de auga en Galicia

Sobre nós

Tecnatur nace a primeiros do século XXI da man dun químico e unha farmacéutica coa intención de resolver os cada vez máis frecuentes casos de augas contaminadas que aparecían en Galicia.

A auga como fonte de vida

Foi así como comenzou a investigación e formación para coñecer a fondo os problemas da auga, cales eran as principais causas da contaminación e as mellores solucións para as mesmas.
Sempre traballamos con dúas premisas fundamentais:

  1. Empregar as técnicas máis novedosas e respectuosas co medio ambiente, de tal xeito que potabilizar el auga non supoña unha fonte de contaminación extra.
  2. Conseguir unha auga o máis parecida á natural orixinal, é dicir, que as tecnoloxías de potabilización empregadas non se aprecien no resultado final.

Os primeiros traballos realizados foron en pozos particulares e vivendas unifamiliares, pero pasado o tempo, os nosos traballos abarcan comunidades veciñais, industrias, adegas, etc. con máis de 500 clientes e máis de 2.000 fogares abastecidos.

A medida que iamos avanzando e especializándonos, fumos seleccionando aos mellores profesionais para que formasen parte do noso equipo. Estes, en continua formación, se adaptarán totalmente a calquera necesidade que poidas ter.

Encántanos o noso traballo e sempre estamos buscando novos tratamentos para a auga, cada vez máis eficaces e ecolóxicos.

Garantimos sempre unha auga totalmente apta para o consumo, sen residuos que puideran poñer en xogo a túa saúde e sen substancias que alteran la calidade da auga: cloro, plásticos, metais, etc.

Así, só tes que contactar con nós para coñecer mellor todo o que podemos facer pola calidade da auga que consumes. Estamos á tua enteira disposición para axudarte a potabilizar o teu pozo, mellorar visiblemente a calidade da auga das traídas públicas, reducir o uso e consumo de plásticos e axudarte a aforrar no consumo de auga.

Confía na nosa profesionalidade e desfruta dun servizo de atención ao cliente sempre amable e preparado para resolver calquera dúbida ou consulta que queiras realizarnos.

Tecnatur, a empresa de tratamento de augas en Galicia que necesitas.

© 2021 TECNATUR Todos os dereitos reservados
Producido por BeeDigital